Cultura ou culto?


Estes días tiven ocasión de ler unha carta que escribiu o meu avó (o pai da miña nai) no ano 38, e ainda sen telo coñecido, deume unha gran lección.

Sentinme tan parva ao lado da súa escritura e caligrafías tan perfectas, él, que non puido ir á escola… Non me cabe a menor duda de que en moitas cousas retrocedemos. Nalgún punto do camiño, a inmediatez das mensaxes fixonos perder a educación, a delicadeza e a elegancia para gañar en ansiedade, egocentrismo e medo. Lendo a carta do meu avó comprendín que o menos importante nese escrito era o contido, as formas, en apariencia estrictas e impersonais eran o que otorgaban unha certa distancia máis propicia para escribir en paz e con espazo para cada un, sen ansiedade. Resulta moitas veces complicado entender cal é o motivo polo que, a pesar de que toda a lóxica racional e progresista nos intenta facer crer que a vida dos nosos avós foi máis atrasada que a nosa, como é posible que ainda sigan sendo indiscutiblemente mellores e máis bonitos os productos que eles fabricaron, as casas que eles construiron, ou o pan que eles facían… Por qué, a pesar de non teren ido a escola, o legado do que foron transmisores (ainda sen sabelo) foi dunha riqueza moito maior? Algo se nos escapa i non é recuperar os oficios, nin a música tradicional, nin a vida no rural… O que se escapa é o que maioritariamente se quere deixar escapar porque se despreza, e porque foi o principal obstáculo para o beneficio da burguesía e do capitalismo, refírome ao desprezo pola relixión. O que fixo do rural iso que tanto nos gusta para vir pasar unhas vacacións de ensoño non é outra cousa que Deus, esa palabra que mellor evitar entre burgueses (mal) educados. Non se trata nin de labregos, nin oficios tradicionais, nin lingua galega, nin nacionalismos. O que lle deu ao rural e ao carácter galego esa capacidade única e marabillosa de humildade e paixón coa que foi quen de resistir máis e mellor ca outros pobos ao capitalismo, foi Deus, a realidade de ser unha sociedade tradicional, e polo tanto estructurada en torno a Deus (con independenza de ser ou non crentes). Por máis que hoxe tratemos de recuperar ou replicar os seus métodos ou a súa cultura, non é posible facelo dende unha estructura capitalista, ésta é a que nos tocou vivir e non resulta moi respetuoso chegar do mundo urbano plenamente corrompido e beneficiado polo mercado, ao rural esixindo que señan eles precisamente os que non se corrompan plantando eucaliptos, a pesar de que con eses cartos poidan ter unha axuda para manter os estudios dos seu fillos. Iso importalles ben pouco a quen xa ten un medio de vida asegurado e pode permitirse o luxo de entender o rural como unha postal de revista e non como un medio de vida.

Moitos confunden a humildade con falta de autoestima, i non deixa de ser unha proba máis de que o problema non é o que a eles lles falta, sinon o que a moitos lles sobra, os únicos niveis desequilibrados de autoestima son os de quen ten inventado esa recua de palabras falsas como por exemplo “empoderamento”. Quen teña lido as cartas de San Pablo quizáis poida atopar as diferencias entre o que él chamou “palabra en poder” i o que hoxe chamamos empoderamento, alí poderá comprender ata que punto temos involucionado.

A tendencia, hoxe en día xeneralizada, é a converter as relacións laborais, sexuais ou familiares en medios para vampirizar ás persoas, privar a alguén da sua personalidade e buscar a dependencia máxima. Brunchs, inauguracións, concertos, rutas de la tapa, paseos históricos, pelis e series en Netflix, experiencias ou eventos cool disfrazados de causas xustas: ficcións mercantilizadas de ecoloxismo, feminismo e sociabilidade, probablemente todas esas palabras sacadas da nada máis inerte serán moi útiles neses entornos frugales do mercadeo cultural (que de cultura teñen pouco), pero para alguen dunha sociedade tradicional todo iso non significa nada, i a realidade é que o seu mundo acércase máis á verdade que o noso. Non olvidemos que a palabra cultura provén do latin cultus, que a súa vez deriva da voz colere, co significado de cultivar, honrar con adoración, habitar, coidar do campo e do ganado.

Do meu avó non teño apenas fotos. Estas son fotos do "Señor tío", a quen sí tiven a sorte de coñecer, o tío da miña nai e destinatario da carta do meu avó. A súa elegancia é insuperable.