lunes, 18 de junio de 2018

Espacio Verde

El jueves 21 de junio presentamos Espacio Verde en el Fórum Metropolitano. 
Una coreografía de Irma L. de Gamarra y Marta Cuba.




lunes, 4 de junio de 2018

Setras + Mo-vernos


O sábado 16 de xuño estaremos Miguelón e máis eu na Nave 1839, retomando unha peza que estrenamos no 2014, Mo-vernos. A continuación Berio Molina presentará o seu libro Setras.

SETRAS
Setras é un libro de Berio Molina publicado pola Editorial Fulgencio Pimentel e La Casa Encendida coa colaboración da Fundación Mayeusis. É un estudo sobre a acción sonora na caligrafía desde os puntos de vista da subxectividade, a física, a arte de acción e o absurdo. É un percorrido polo alfabeto (subxectivo) galego analizando cada unha das setras desde dúas perspectivas: a taxonomía e a estética.


MO-VERNOS
Froito da colaboración entre o músico e antropólogo Miguel Alonso Cambrón, e a bailarina e artista gráfica Marta Cuba, xorde Mo-Vernos, unha peza que conxuga a improvisación musical e corporal, persegue desprazar a mirada, deter o corpo e apreciar a vibración da que formamos parte. Deter a dinámica cotiá, o traxín da actividade compulsiva entre aquilo que nos resulta evidente e o que nos induce ao extrañamento. A partir da apropiación artística da identidade sonora do lugar, o son faise visible e toma corpo. Estreouse na sala Normal, espazo de intervención cultural da Universidade da Coruña, en outubro de 2014.