martes, 20 de febrero de 2018

Tomade e comede





Perdo o meu tempo escondida, nas miñas constantes de recuación. Paralizada por unha liña, que separa o meu corpo da obriga que se coa, entre o padal, e a hostia que se pega a el, case sen deixarme tragar saliba. Unha liña que bordea, o corpo que cala e a saliba que traga. Un medo eterno e puntiagudo que me atrapa polos cadrís. Eterno como aquelas oracións que intuían o limitado do meu entendemento, insuficiente para comprender o gran misterioNa miña propia carne, no meu propio sangue. Tomade e comede. Mentres escoitaba sen saber que escoitaba. Estou a darlle corpo a un texto que tiña gardado. Estou a darlle texto a un corpo que tiña gardado.