Perdo o meu tempo escondida, nas miñas
constantes de recuación. Paralizada por unha liña, que separa o meu corpo da obriga que se coa, entre o padal, e a hostia que se pega a el, case sen deixarme tragar saliba. Unha
liña que bordea, o corpo que cala e a saliba que traga. Un medo eterno e
puntiagudo que me atrapa polos cadrís. Eterno como aquelas oracións que intuían o limitado do meu entendemento, insuficiente
para comprender o gran misterio. Na miña propia carne, no meu propio sangue. Tomade e comede. Mentres escoitaba sen saber
que escoitaba. Estou a darlle corpo a un texto que tiña
gardado. Estou a darlle texto a un corpo que tiña
gardado.