domingo, 20 de mayo de 2018

Verdes



Coreografía e interpretación: Irma López De Gamarra y Marta Cuba
Grabación y montaje: Mago Zonte
Grabado en Verdes, el 17 de mayo de 2018

As ilusións

No deserto hai oasis e espellismos. O principal traballo
de toda vida humana é aprender a recoñecer
a diferenza. Non é doado. Por máis que da desilusión
nazan promesas, libros e casamentos, segue sen ser doado.
A forza que precisamos para construír é a forza
que precisamos para derrubar: unicamente muda
a dirección do vento. "Non podemos camiñar
con fame baixo o sol. Dános sempre o mesmo pan,
o teu corpo de sangue, Señor". Atopas certo consolo
no movemento das árbores e nas súas filigranas
de sombra, e mesmo che parece que podes ver impresas,
sobre o muro, as pegadas da túa mortalidade.

María do Cebreiro