viernes, 2 de junio de 2017

Un dos seus fíos




En ocasión do "Día Internacional do Medio" que cae o 5 de xuño de cada ano, a Asociación Cultural Sen Ánimo de Nome organiza unha xornada artística enfocada na sensibilización e concienciación sobre o tema do "Cambio Climático".
A xornada artística, onde haberá charlas de expertos do sector de Medio Ambiente, Música, Danza, Expo Colectiva e Mercado de Produtos Ecolóxicos, está programada para o Domingo 4 de Xuño desde as 6pm ata as 10pm.

Participarei cunha pequena peza na que a partires do movemento e a improvisación, afloran interrogantes acerca da delicada rede-sustento da que o home forma parte xunto co resto de seres vivos do planeta. O tecido polo cal se establece o fluir da vida e da historia do ser humano en conexión co seu pasado, presente e futuro.
¿Cómo nos afecta destruir ese tecido? ¿Qué nivel de violencia estructural podemos aceptar a cambio do control e o dominio da natureza?