Inverno/inferno


A palabra 'quimera' e a palabra 'inverno' comparten a mesma raíz indoeuropea ghei- (inverno). En orixe, a palabra grega Χιμαιρα (Khimaira) parece que significa animal feminino dun inverno de idade. I é que non che hai nada mellor que pasar un inverno ben frío para comezar a amar profundamente a estes pedaciños de madeira de rebola e bidueira tan ben cortadiños.

De xeito cíclico a convivencia entre Perséfone e Hades tamén duraba un inverno de idade nas profundidades do inframundo, despois do cal Perséfone retorna ás alturas do Olimpo. A monstruosidade da quimera non dura eternamente, as veces parece transformarse nun soño idílico e marabilloso, a súa triple significación remítenos tanto á idea de monstruo, de soño e de pelexa ou contenda (entre ambas), unha tríada irreductible que loita nun espazo entre fantasía e realidade. Non hai heroe sen monstruo, como non hai realidade sen fantasía nen vran sin inverno.

Gastón Bachelard afirma: 

«Ninguna uti­lidad puede legitimar el riesgo inmenso de par­tir sobre las ondas. Para afrontar la navegación son precisos intereses poderosos. Pero los verdaderos intereses poderosos son los intereses quiméricos».

E nós, como J. E. Cirlot, tamén obedecemoa á orde e o camiño da quimera.

«Nosotros hemos obedecido la or­den de la quimera, si ella es la hablante; y lo he­mos hecho no sólo por un deseo abstracto de conocimiento, como se sobrentiende. Indife­rentes a la erudición por ella misma, sentimos con Goethe animadversión hacia todo aquello que sólo proporciona un saber, sin influir in­mediatamente en la vida. Esa influencia se tra­duce en modificación y rememoración de lo trascendente».


Unha quimera, atribuido a Jacopo Ligozzi