A lactación de san Bernardo

 

San Bernardo e a Virxe, de Alonso Cano

Entre las grandes figuras de la Edad Media, hay pocas cuyo estudio sea más apropiado que la de san Bernardo para disipar ciertos prejuicios gratos al espíritu moderno. ¿Qué hay, en efecto, más desconcertante para éste que ver a un puro contemplativo, que siempre quiso ser y permanecer tal, llamado a desempeñar un papel preponderante en la dirección de los asuntos de la Iglesia y del Estado, y teniendo éxito a menudo allí donde había fracasado toda la prudencia de los políticos y los diplomáticos profesionales? ¿Qué hay más sorprendente e incluso paradójico, según la manera corriente de ver las cosas, que un místico que no siente más que desdén por lo que él llama "las argucias de Platón y las sutilezas de Aristóteles" y que triunfa, no obstante, sin dificultad sobre los dialécticos más sutiles de su tiempo? Toda la vida de san Bernardo podría parecer destinada a mostrar, con un ejemplo brillante, que, para resolver los problemas de orden intelectual e incluso de orden práctico, existen medios completamente distintos de los que nos hemos habituado a considerar, desde hace mucho tiempo, como los únicos eficaces, sin duda porque son los únicos que están al alcance de una sabiduría puramente humana, que no es siquiera la sombra de la verdadera sabiduría. Esta vida aparece así en cierto modo como una refutación anticipada de esos errores, opuestos en apariencia pero que en realidad van ligados, que son el racionalismo y el pragmatismo; y, al mismo tiempo, confunde y echa por tierra, para quien lo examine imparcialmente, todas las ideas preconcebidas de los historiadores "cientificistas", que consideran, con Renan, que "la negación de lo sobrenatural constituye la esencia misma de la crítica", cosa que por lo demás admitimos sin dificultad, pero porque vemos en esta incompatibilidad todo lo contrario de lo que ellos ven, la condenación de la "crítica" misma, y no la de lo sobrenatural. En verdad, ¿qué lecciones podrían, en nuestra época, ser más provechosas que aquéllas?

René Guénon



No interior da igrexa cisterciense de Santa María de Penamaior, o retablo situado na capela principal absidal está presidido pola Virxe das Abarcas, acompañada dos santos Pedro e Pablo e polo relevo da lactación de san Bernardo. Debo agradecer a Natalia Ameijenda quen, coa súa natural curiosidade e interese polos detalles, chamou a miña atención sobre este particular detalle do leite manando do peito da Virxe. Foi a partir de aí que comecei a tirar do fío.

Bernardo de Claraval foi un dos principais impulsores da orde do Císter, e tamén da orde do Temple. Destaca pola súa particular devoción mariana, que se estendeu por toda Europa, Galicia incluida. Segundo a lenda, mentres Bernardo rezaba ante unha imaxe de María co neno, esta cobrou vida, oprimiu o seu peito e fixo saltar unhas pingas de leite sobre os beizos do santo, resecos de tanto rezar. San Bernardo foi un dos máis sutiles predicadores do seu tempo, o tema artístico parece reflexar a elocuencia do santo comparándoa coa duzura do leite, dalgunha maneira mostraríase cómo as doctrinas marianas defendidas por San Bernardo manarían directamente da propia Virxe María, inspiradora das súas palabras. Este milagre converte ao santo nun irmán de leite de Jesús. Con todo, non é sinxelo rastrexar a orixe deste episodio, xa que non aparece en ningunha das primeiras biografías de San Bernardo nin tampouco na Lenda Dourada.

Detalle da lactación de san Bernardo no retablo de Santa María de Penamaior

O primeiro documento escrito que conta esta lenda data de 1350, pero existen representacións artísticas anteriores, polo que algúns cren que a arte foi primeiro, e máis tarde xurdiu a lenda. Sexa cal for a súa orixe, a imaxe dun santo bebendo do peito da Virxe pode resultar un tanto estraña dende a óptica actual, non era así para a visión simbólica propia da Idade Media. De feito, temos un referente mitolóxico anterior que toca moi de cerca a Galicia, pola súa particular vinculación simbólica coa Vía Láctea e o camiño das estrelas. Trátase do tema de Hermes acercando ao infante Heracles a Hera, para que ésta mentres durmía, o amamantara co néctar ou bebida dos deuses; cando ésta desperteu apartouno violentamente do seu peito e as gotas de leite que caeron formaron a Vía Lactea. Ás veces aparece Heracles representado na arte como un home adulto, cunha tipoloxía similar á de San Bernardo. O leite sacro como símbolo da nutrición espiritual existe dende a Antigüedade, e tamén na arte cristiá existen imaxes que mostran a María aleitando a Moisés e a Elías.

Retablo na igrexa, tamén cisterciense, do mosteiro de Santa María de Meira, coa representación da lactación de San Bernardo

A orixe da Vía Láctea (1636-1638), pintado por Rubens.

A historia do nacemento da Vía Láctea nárrase no primeiro libro das Metamorfosis de Ovidio, ainda que é un relato bastante superficial, polo que no caso do lenzo pintado por Rubens, éste ten a súa fonte no Poeticon Astronomicon, de Higinio. A Vía Láctea convertiríase no camiño dos deuses ao Olimpo, sen sospeitar que chegada a Idade Media, ésta mudaría o seu nome polo de Camiño de Santiago, pois convertiríase na guía direccional dos peregrinos que saían dende o sur de Francia, cara a Galicia. 
Dende o punto de vista simbólico, non existen as casualidades.


A Orixe da Vía Láctea (1575), pintado por Tintoretto. Non é casual tampouco que aparezan a águia ou o escorpión, pois no verán a Vía Láctea atravesa o ceo de Noreste a Sur, dende Perseo, pasando por Casiopea, o cisne, a águia, Saxitario e terminando na cola do escorpión.

A Virxe do leite con san Bernardo de Claraval e san Benito (Lembrí, Pere?) 1400- 1415