A lactación de san Bernardo

 

Lactación de San Bernardo. Anónimo. Finais do século XIII. Pertencente ao retablo do Santo Bernardo da Capela dos Templarios de Palma. Actualmente no Museo Diocesano de Palma de Mallorca.

A lactación de San Bernardo, 1660, por Alonso Cano. Museo do Prado de Madrid.

 


No interior da igrexa cisterciense de Santa María de Penamaior, o retablo situado na capela principal absidal está presidido pola Virxe das Abarcas, acompañada dos santos Pedro e Pablo e polo relevo da lactación de san Bernardo. Bernardo de Claraval foi un dos principais impulsores da orde do Císter, e tamén da orde do Temple. Destaca pola súa particular devoción mariana, que se estendeu por toda Europa, Galicia incluida. Segundo a lenda, mentres Bernardo rezaba ante unha imaxe de María co neno, esta cobrou vida, oprimiu o seu peito e fixo saltar unhas pingas de leite sobre os beizos do santo, resecos de tanto rezar. San Bernardo foi un dos máis sutiles predicadores do seu tempo, o tema artístico parece reflexar a elocuencia do santo comparándoa coa duzura do leite, dalgunha maneira mostraríase cómo as doctrinas marianas defendidas por San Bernardo manarían directamente da propia Virxe María, inspiradora das súas palabras. A Virxe María é toda ela misterio, ademais é tamén muller sabia que medita no seu corazón e garda a lei, muller sabia que teme ao Señor e descobre o xusto valor do silencio e da palabra. O milagre da lactación converte a San Bernardo nun irmán de leite de Jesús. A Virxe María convertiríase, ela mesma, en símbolo da fonte eterna que mana dende o Paraíso ou centro primordial. O que nutre o leite de María é o intelecto, o don da sabedoría e a elocuencia. O sabio, por excelencia, na tradición israelí foi Salomón (1 Reis 10.18-20), pero o cristianismo, no século XI, comezou a utilizar a expresión “Sedes Sapientiae” como referencia á Virxe, por canto nas representacións bizantinas da Theotokos ela figuraba a modo de trono no que sentaba o fillo de Deus. Durante o século XII incorporouse ás ladaíñas lauretanas que se recitan ao finalizar o rezo do rosario. Esta representación feminina da sabedoría é tamén herdeira da tradición xudía, pois aparece en varios dos libros sapienciais personificada como muller, considerada como un ser divino creado por Deus e descendente del, pero con existencia propia (Eclo 24,3-18).

O primeiro documento escrito que narra a lenda do Santo Bernardo data de 1350, pero existen representacións artísticas anteriores. O tema da lactación foi un fenómeno antropolóxico e social, un fenómeno que será plasmado na historia da arte durante toda a Idade Media, a lenda recolle precisamente esta tradición na figura de San Bernardo. A imaxe dun santo bebendo do peito da Virxe pode resultar un tanto estraña dende a óptica actual, mais non é así para a visión simbólica propia da Idade Media, na que símbolo e historia se entrelazan. De feito, temos un referente mitolóxico anterior que toca moi de cerca a Galicia, pola súa particular vinculación simbólica coa Vía Láctea e o camiño das estrelas. Trátase do tema de Hermes acercando ao infante Heracles a Hera, para que ésta mentres durmía, o amamantara co néctar ou bebida dos deuses; cando ésta desperteu apartouno violentamente do seu peito e as gotas de leite que caeron formaron a Vía Lactea. Ás veces aparece Heracles representado na arte como un home adulto, cunha tipoloxía similar á de San Bernardo. O leite sacro como símbolo da nutrición espiritual existe dende a Antigüedade, e tamén na arte cristiá existen imaxes que mostran a María aleitando a Moisés e a Elías.



Detalle da lactación de san Bernardo no retablo de Santa María de Penamaior

O símbolo do leite descendendo cara a boca de San Bernardo, é unha ponte entre o humano e o divino. Ao aleitar a un adulto, a Virxe María móstrase como nai nutricia da humanidade, concepto vital na espiritualidade cisterciense, que foi a gran impulsora dos mosteiros ao longo do Camiño de Santiago. A lenda da lactación do Santo Bernardo e a Vía Láctea converxen no Camiño de Santiago a través dunha rica tradición de misticismo mariano. Mentres que a lenda do santo é un milagre de sabedoría, o Camiño e a Vía Láctea comparten un simbolismo astral e xeográfico de guía divina. As fontes que explican a representación artística da lactación na Idade Media afunden as súas raíces no mundo antigo, aínda que teñen un importante desenvolvemento, proxección e continuación na Idade Media, e máis tarde na Idade Moderna. Dende o principio o cristianismo atopouse con tradicións relixiosas que utilizaban a linguaxe cosmolóxica; as relixións antigas da Cuenca do Mediterráneo e do Próximo Oriente eran “relixións cósmicas” e, en gran parte, solares. O cristianismo non tiña ningunha razón para rexeitar os elementos destas tradicións capaces de axudar á vida relixiosa que quería instaurar. Non é de estrañar, pois, que se atopen na arte sacra os temas dese simbolismo cos propiamente cristiáns, cos cales se harmonizaron perfectamente pola súa conformidade ás normas sacras universais. A clave de integración entre xudaísmo e helenismo, supuxo, para o cristianismo o feito de manterse fiel á súa esencia monoteista e anti-idolátrica do xudaísmo (o cal non desenvolveu tanto a arte sacra precisamente polo seu rexeitamento da idolatría) ao mesmo tempo que foi capaz de integrar no seu interior as artes simbólicas sacras herdadas doutras tradicións. Se integrou este simbolismo cosmolóxico no seu interior é porque é un camiño válido para chegar a Cristo, hoxe de feito comprobamos como é de gran axuda no anhelo de espiritualidade que vive a nosa sociedade, con todo, tamén observamos como moitas veces queda na metade do camiño, sen chegar á súa verdadeira transcendencia.

Escena da lactación de San Bernardo representada na igrexa do mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadañedo, na provincia de Ourense. En Galicia, a proliferación de mosteiros cistercienses por todo o territorio, deixounos múltiples representacións deste miragre, é a caso de Montederramo, Monfero, Meira, Penamaior ou Oseira.
 
Retablo na igrexa, tamén cisterciense, do mosteiro de Santa María de Meira, coa representación da lactación de San Bernardo


Representación da lactación de San Bernardo nos restos do baldaquino maior no mosteiro de Santa María de Oseira (Ourense).


Lactación de San Bernardo no retablo maior de Santa María de Montederramo

No Antigo Testamento atopamos unha estreita relación entre o leite e o mel, o cal estará moi presente tamén na poesía de Bernardo. Ao comentar pasaxes bíblicas, Bernardo interpretaba a "terra que mana leite e mel" non só como un lugar físico de abundancia material, senón como o estado da alma. O leite representaba a doutrina e o alimento espiritual necesario para os principiantes, mentres que o mel simbolizaba a revelación máis profunda e eterna en Deus. Sabemos da utilidade do mel desde antigo e que foi considerada como o doce néctar dos deuses, un alimento divino. Xa na prehistoria, o mel salvaxe fora un alimento moi estimado, xa que suplía á perfección as necesidades alimenticias. O mel considerouse, xunto ao leite, un dos alimentos máis puros. A combinación entre leite e mel foi sempre considerada un dos alimentos máis doces e nutritivos, non só na Biblia, senón tamén en textos latinos pagáns do século I a.C., como suxire Lucrecio (Da natureza das cousas): “A isto engádese que o mel e o leite dan á lingua agradable sensación”. Unha tradición que nos fala da realidade social que en Galicia atopou un espello onde reflexarse, pois non cabe duda de que na sociedade galega tradicional, o leite e o gando vacún representaban moito máis que unha actividade económica; eran o piar da supervivencia, o motor da economía doméstica e o eixo vertebrador da cultura rural, forxando un estilo de vida que, case ata o día de hoxe, define a identidade de Galicia.



A orixe da Vía Láctea (1636-1638), pintado por Rubens.

A historia do nacemento da Vía Láctea nárrase no primeiro libro das Metamorfosis de Ovidio, ainda que é un relato bastante superficial, polo que no caso do lenzo pintado por Rubens, éste ten a súa fonte no Poeticon Astronomicon, de Higinio. A Vía Láctea convertiríase no camiño dos deuses ao Olimpo, sen sospeitar que chegada a Idade Media, ésta mudaría o seu nome polo de Camiño de Santiago, pois convertiríase na guía direccional dos peregrinos que saían dende o sur de Francia, cara a Galicia. 


A Orixe da Vía Láctea (1575), pintado por Tintoretto. No verán a Vía Láctea atravesa o ceo de Noreste a Sur, dende Perseo, pasando por Casiopea, o cisne, a águia, Saxitario e terminando na cola do escorpión.


Ilustración da Aurora Consurgens, manuscrito alquímico do s. XV
Dise dos sabios filósofos que maman desta fonte eterna.


Entre las grandes figuras de la Edad Media, hay pocas cuyo estudio sea más apropiado que la de san Bernardo para disipar ciertos prejuicios gratos al espíritu moderno. ¿Qué hay, en efecto, más desconcertante para éste que ver a un puro contemplativo, que siempre quiso ser y permanecer tal, llamado a desempeñar un papel preponderante en la dirección de los asuntos de la Iglesia y del Estado, y teniendo éxito a menudo allí donde había fracasado toda la prudencia de los políticos y los diplomáticos profesionales? ¿Qué hay más sorprendente e incluso paradójico, según la manera corriente de ver las cosas, que un místico que no siente más que desdén por lo que él llama "las argucias de Platón y las sutilezas de Aristóteles" y que triunfa, no obstante, sin dificultad sobre los dialécticos más sutiles de su tiempo? Toda la vida de san Bernardo podría parecer destinada a mostrar, con un ejemplo brillante, que, para resolver los problemas de orden intelectual e incluso de orden práctico, existen medios completamente distintos de los que nos hemos habituado a considerar, desde hace mucho tiempo, como los únicos eficaces, sin duda porque son los únicos que están al alcance de una sabiduría puramente humana, que no es siquiera la sombra de la verdadera sabiduría. Esta vida aparece así en cierto modo como una refutación anticipada de esos errores, opuestos en apariencia pero que en realidad van ligados, que son el racionalismo y el pragmatismo; y, al mismo tiempo, confunde y echa por tierra, para quien lo examine imparcialmente, todas las ideas preconcebidas de los historiadores "cientificistas", que consideran, con Renan, que "la negación de lo sobrenatural constituye la esencia misma de la crítica", cosa que por lo demás admitimos sin dificultad, pero porque vemos en esta incompatibilidad todo lo contrario de lo que ellos ven, la condenación de la "crítica" misma, y no la de lo sobrenatural. En verdad, ¿qué lecciones podrían, en nuestra época, ser más provechosas que aquéllas?

René Guénon





Referencias