Inscripción no dintel da porta sur de Santo André das Nogais
Unha moi boa nova publicouse recentemente na prensa sobre a misteriosa inscripción, que ninguén descifrara ata agora, situada no dintel da porta sur do templo de Santo André das Nogais. O colectivo Patrimonio dos Ancares revelounos, gracias ao investigador Antonio M. Leira Noche, que tras os trazos enigmáticos da inscripción se escondía unha escritura semiuncial latina na que se descifrou esta interesantísima reflexión filosófica:
Quid est Veritas? / Vir est qui adest
Qué é a Verdade?
O home que tes diante
Ambas frases corresponden ao evanxeo de San Xoán (a segunda interpretada), pero hai unha distancia importante entre ambas. A pregunta pola verdade corresponde ao interrogatorio que fai Pilatos a Xesús antes de ser condenado e crucificado, atopámola en Jn 18,38. Sen embargo, a segunda frase, non é a resposta que lle da Xesús, senon a resposta que da o mesmo Pilatos a súa propia pregunta (sen decatarse) en Jn 19,5. O silencio de Xesús, despois da pregunta de Pilatos, ten feito falar a toda unha tradición de pensadores, como é o caso da interpretación feita por San Agustín. Él é quen responde a Pilatos, nesa maxia da palabra pola que seres humanos que nunca coincidiron no tempo poden chegar a comunicarse. O famoso intercambio entre Poncio Pilato e Xesús ten xenerado unha profunda tradición reflexiva ao longo dos séculos, pero ademáis, nunha época na que estes coñecementos parecen tender a desaparecer, surxen milagrosamente e por todas partes no planeta, novos e significativos descubrimentos. Impactantes hallazgos arqueolóxicos aflorando para poñer, unha e outra vez, patas arriba as bases do noso mundo. Na igrexa máis antiga da comarca dos Ancares lucenses temos, tamén, un claro exemplo: non foron necesarios máis que uns poucos trazos para facer tambalear todo o relativismo moderno no que vivimos.
Segundo a tradición teolóxica, as letras desta pregunta pódense reorganizar (formando un anagrama) para obter a resposta Est vir qui adest, de maneira que a resposta estaría implícita na propia pregunta e na capacidade de formulala ante alguen. A verdade non sería, por tanto, un ente abstracto como hoxe se formula dende as novas tecnoloxías e a Intelixencia Artificial, senon que sería relacional, é decir, a verdade surxe do encontro co outro.
Pilatos preguntou a Xesús: "¿quid est veritas?" (¿qué é a verdade?). Xesús calou e San Agustín analizou o silencio e respondeu "est vir qui adest" (o home que tes diante).
Pilatos parece ter unhas características afines á sensibilidade do ser humano en todos os tempos, de feito encaixa moi ben coa sensibilidade actual. Para Pilatos a única garantía de razón para o mundo era Roma, o seu racionalismo pode verse reflexado tamén no relativismo que impera no noso mundo, para quen a única verdade segura é que non hai verdade certa, por iso as garantías son ofrecidas polos poderes de turno, que é o mesmo que dicir Roma. Seguramente, o que máis impulsa a Pilatos a formular tal pregunta é a noción de verdade en singular, pois para él bastan as verdades relativas/incertas, que concernen a acontecementos particulares e son pragmáticas: é verdade aquilo que me é útil ou o que me gusta que se faga. Pero para Xesús, a certeza da verdade concerne aos fundamentos da existencia.
A única forma de chegar á verdade pasa polo encontro: non entre ideas opostas, que non sempre poden conciliarse, senón entre persoas. Non se pode facer unha síntese entre «si» e «non», pero entre persoas si se pode facer, porque hai máis verdade nas persoas que nas palabras; pódense dicir cousas que non son verdade, pero sempre é posible rastrexar trazas de verdade, aínda que sexan modestas, na alma/corazón daquel con quen se escoita/dialoga.

Todos podemos alcanzar unha plenitude verdadeira que nos conecte con nos mesmos, co outro e co divino. Este camiño non se percorre a soas, senón guiados polo diálogo, polo exemplo e a testemuña de quen camiña na verdade, a cal se manifesta sempre coa esencia liberadora da beleza e o amor.
E, por unha desas casualidades misteriosas, cando analizamos este templo no 2024, tamén reflexionamos sobre a palabra Emeth (אֱמֶת), verdade en hebreo, conformada precisamente por tres letras, das que a primeira e a última o son tamén do alfabeto hebreo.
A Alpha e a Omega son a versión grega das letras hebreas Aleph e Thaw. No alfabeto grego, esas duas letras, primeira e última, fanse carne en Xesucristo.
A Alpha e a Omega son a versión grega das letras hebreas Aleph e Thaw. No alfabeto grego, esas duas letras, primeira e última, fanse carne en Xesucristo.
Yo soy el Alfa y la Omega, principio y fin, dice el Señor, el que es y que era y que ha de venir, el Todopoderoso (Ap 1,8).
Simbolismo en Santo André das Nogais