Noxo




No día da Asunción, as chamas do lume arrasador parecen dicirnos que veñen a levar a Virxe María ao ceo, pero para arrebatárnola para sempre, porque non fumos capaces de coidala, e os tempos non poden xa pospoñer a desolación. Levamos rotos moitos anos, pero hoxe a evidencia é xa imposible de tapar, non hai enganos que vallan para encubrir a realidade. As cada día máis desoladoras novas sobre os lumes que arrasan o país mestúranse coas xa ben coñecidas e tamén invasoras noticias sobre os atractivos paradisíacos dos destinos vacacionais en Galiza. Unha tendencia que nos últimos anos foi en aumento, portadas no Conde Nast Traveler, nas revistas máis prestixiosas do National Geographic, Galiza acadando as cumbres do éxito como destino paradisíaco no que desfrutar non so das súas paisaxes, das suas comidas e das suas tradicións pintorescas e fotogénicas, tanto que serviron incluso para acadar a gloria no festival de Eurovisión. Hoxe o extremo da hipocresía chega a límites terroríficos, pois os periódicos combinan as novas sobre os destinos para desfrutar das festas galegas, nunhas datas como as do 15 que son por excelencia unha das máis universais de Galiza, coas novas da desolación máis absoluta. Mentres vendíamos a nosa terra aos destinos vacacionais do mundo e de consumo tanto de experiencias culturais como de distraccións varias, un xemido agónico permanecía latente e silencioso do que tamén eramos conscientes. Pero ainda así, púidonos a tentación de considerar que todo era culpa do PP e dos eucaliptos, como si non influira tamén o noxento relato do cambio climático e as suas tasas verdes como excusa para encher os nosos montes de eólicos e basura ecolóxica. Mentres silenciosamente a agonía do rural era imparable, por máis eventos de distracción que lles leváranos, os seus medios de vida foron silenciosamente destruidos e aniquilados, hoxe a evidencia estóupanos na cara, e agora a división non pode xa facer máis dano, solo queda a unión. É grande a tristeza e a rabia que nestes momentos nos invade, tamén un sentimento de noxo profundo, pois mentres o nivel tan grande de estupidez e de ignorancia que o noso mundo acada, danse paradoxas tan vergonzantes como istas, as de unha sociedade que frivoliza (xa non cabe a excusa da ingenuidade, sinon con toda a crueldade da que é capaz) de esta maneira cos poderes destructores da natureza:




Frente a ese alarde de ignorancia e de estupidez máxima, as palabras dun verdadeiro gandeiro tradicional, que frente a desolación e a banalidade máis noxenta e cruel que nos asola, lémbranos cousas tan evidentes como estas: o oso mete respeto, o lume tamén, e contra os ventos e a calor non se pode facer nada, a iso chamámolo "temor de Dios", os ignorantes non saben o que é, y considéranse ademáis moi valientes.

Co oso, o gandeiro tampouco tivo problemas nunca, aínda que prefíreo a distancia. “Vino moitas veces. Cando máis me preocupo é cando me atopo unha osa con crías porque podes atoparte en problemas se o animal se sente ameazado. Dunha vez que estaba no alto da montaña, vin vir unha osa con dúas crías que tiña que pasar por onde eu tiña que pasar. Quedei quieto, penso que nin pestanexaba. Cruzou a uns 60 metros de onde eu estaba. Cando a vin ir, dixenme, ti polo teu lado e eu polo meu”.

– Mete respeto o oso.

– Mete respeto. Quen diga que non é que non o viu diante.