'Umbral' é unha peza de danza adaptada a un espazo non convencional como é o da Torre de Hércules. Partindo do elemento lexendario das propias columnas de Hércules, a peza construise a partir do simbolismo da porta, que é precisamente ese espazo baleiro que se xenera entre ambas columnas e posibilita o tránsito a unha profundidade tal como a das propias augas do Atlántico que circundan o faro. A idea de traspasar un limiar invítanos a ir máis alá do coñecido, precisamente nun lugar de tránsito entre a terra e o mar, entre o mundo coñecido e o mundo por coñecer. Esa vinculación co descoñecido que fai do faro da Coruña un punto de luz que conecta diferentes culturas e tradicións chegadas a nós polo mar.