Liturxia




Estes últimos días recibín algún que outro reporte (denuncia) do meu perfil de facebook, non resulta dificil imaxinar que tales denuncias son froito dun fanatismo promulgado dende os novos púlpitos relixiosos que hoxe dominan o pensamento de masas. Ese carácter relixioso que hoxe se observa no ámbito secular  resulta igual de despreciable do que o foi tamén a relixión en determinados momentos da nosa historia. Pero antepoñer o Logos á irracionalidade que impera neste tempo, axúdanos a non mezclar, e a diferenciar os valores sagrados dos valores dogmáticos e relixiosos que tenden a corromper o pensamento dos homes e mulleres en tódalas épocas da historia da humanidade. Cando un se aferra ás palabras e non ao significado, pode chegar a pensar que liberándose das palabras se libera da corrupción inherente a toda palabra. A corrupción da relixión non é peor cando afecta á Igrexa Católica que cando afecta á ideloxía moderna, hai que estar disposto a vela alí onde apareza de novo, sen importar as cores das chapas ou bandeiras coas que cada quen se adorne para representarse libre de culpa.

De pequena nunca me entusiasmaba especialmente ir a misa, menos ainda ir a catequesis, odiabao profundamente. Pero ainda así, fun quen de ver algunhas diferenzas importantes entre a misa na cidade, e a misa na aldea, eran diametralmente opostas. A primeira diferenza era o amor polos detalles que formaban parte de toda a comunidade, a capela de San Simón era unha tarefa comunal. Xunto coa miña tía Felicitas preparábamos todos os detalles, recollíamos as flores para adornala, preparabamos as lecturas que nos repartiamos entre as irmás, o meu irmán encargabase de tocar as campás. En canto a roupa de domingo, por fin entendía esa manía da miña nai de non deixarnos estrenar a roupa ata o domingo. Na cidade, efectivamente, non tiña ningún sentido. Por qué non iba a poder estrenar eu a roupa recén mercada sen necesidade de esperar ao domingo? O caso é que na aldea entendín o porqué desa manía, alí a roupa manchábase de verdad polo traballo, e os meus tenis verdes favoritos non podían enzoufarse de lama gratuitamente, tiñan que esperar pacientemente debaixo do banco do cuarto, ata que por fin o domingo, podía facerse unha excepción procurando que se emporcaran o mínimo, dando brincos, si era necesario, para chegar á capela.
A capela era un lugar no que se estaba a salvo da lama e do esterco que na casa era materia constante, alí confluían as mellores galas de todos os veciños, dos que, case a metade nen entraban á misa. A porta estaba aberta, e as mulleres máis piadosas recitaban mantras indescifrabeis para min, mentres a maioria dos homes quedaban fora, ou outros entraban e saían (sempre con respeto), para disfrutar dos raios do sol de domingo que na pedra da iglesia eran todavía más gustosos. En verdad, eles comprendían mellor que ningún urbanita o sentido último da liturxia cristiana, que non é outra cousa que un culto ao sol. 

Xunto coa miña tía, íbamos os tres irmáns, encargábamos de chegar antes, ventilar, perfumar, encher a capela de flores, e de último chegaba o cura, que era un complemento máis, encargado de facer a sua parte, sen máis importancia da que a tiñan as flores recolectadas por nos. Ainda así, despois de eses anos da infancia, libres de prexuizos, volvín a despreciar todo o que tiña que ver coa misa, parecíame aburrida e sen sentido. Igualmente, sempre quedou en min plantada esa semente da aldea, acompañada dunha profunda intuición de que esas persoas entendían algo que a min se me escapaba. O certo é que cando meu pai viu por primeira vez un buzón de correos na cidade, él non sabía o que era, e moitos se burlaron de tal ignorancia. Pero a ignorancia que os urbanitas demostraban e demostran cada día máis afanados e convencidos con respecto ao coñecemento do que a aldea era portador (ainda que non sempre consciente), era ainda peor e máis decididamente ruin. Comprender o que significa un buzón de correos non ten moito misterio, certamente, pero comprender o significado do profundo coñecemento que encerraba a forma de vida tradicional, non solo leva anos, moitos morren sen comprendelo nunca. Igual que naquel momento intuín o misterio que gardaba esa liturxia incomprensible para min, hoxe podo facerme unha idea do marabillosa que tivo que ser nos anos en que ese sentido do que era portadora, estaba plenamente integrado pola comunidade, e que progresivamente o racionalismo foi pervertindo. Cando pasen os anos suficientes, será posta ao nivel que lle corresponde, xunto á traxedia grega e superando a esta.


13 Vi en las visiones de mi cabeza mientras estaba en mi cama, que he aquí un vigilante y santo descendía del cielo. 14 Y clamaba fuertemente y decía así: Derribad el árbol, y cortad sus ramas, quitadle el follaje, y dispersad su fruto; váyanse las bestias que están debajo de él, y las aves de sus ramas. 15 Mas la cepa de sus raíces dejaréis en la tierra, con atadura de hierro y de bronce entre la hierba del campo; sea mojado con el rocío del cielo, y con las bestias sea su parte entre la hierba de la tierra. 16 Su corazón de hombre sea cambiado, y le sea dado corazón de bestia, y pasen sobre él siete tiempos (Dan 4, 13-16).