Inclusión e exclusión na estructura capitalista


Despois de ter atravesado a provincia de Ourense facendo a pe o Camiño de Inverno, unha das impresións que saquei desa experiencia pódese resumir na frase: xa non hai vínculos. Cando decidín instalarme no rural foi precisamente movida por un vínculo de amor ao meu pai, quizáis porque amando o que él amaba profundamente podía tal vez achegarme un pouco máis ao seu corazón, e tratar de sortear un pouco a tendencia familiar á dificultade na capacidade de expresar cariño. De pequena non tiven apenas relación cos meus avós, solamente coñecín en vida ás avoas, sen embargo, o rural foi para min como a personificación perfecta desa función de arroupamento e comprensión que ofrecen os avós, un vínculo que non ten comparación con ningún outro, supoño que non será casual que moitas veces de pequena teñan confundido a meu pai co meu avó (por idade podía selo). Probablemente, cando me asentei a vivir en Doncos, o meu inconsciente atopou unha maneira de poder expresar algo que se me escapaba das mans e tamén das palabras. Non era a primeira vez que atopaba no rural algunha das claves para ser quen de acercarme un pouquiño ao incomprensible que a morte representa. A morte destrona o despotismo da discursividade racional dos nosos tempos, acaba, de golpe e porrazo coa especulación, o tempo detense e únicamente queda espazo para o ser, permitindo un espazo de apertura á eternidade. O rural e a morte están intrínsecamente máis unidos, pois inevitablemente tamén o rural morre cos nosos seres queridos que lle deron vida. Ainda que esa posibilidade de vínculo coa eternidade está cada vez máis camuflada e difuminada, pois tampouco o rural pode resistirse aos tentáculos do capital. O capitalismo despoxou á morte da sua capacidade de conectarnos co eterno, deixando únicamente unha cáscara podre que converte aos vivos en mortos vivintes, mediante esa separación que establece entre excluidos e incluidos. O capitalismo exclúe e discrimina como resultado dunha forma de inclusión na lóxica do capital. As veces pensei que o rural podía ser unha particular forma de resistencia ao capitalismo, pero estaba equivocada, o rural non resiste, pois unha das características do capitalismo é integrar excluindo. O proceso de exclusión non é por tanto un asunto axeno á dinámica do capital, senon que máis ben é o seu núcleo interno.

As palabras que compartín cunha das mulleres máis maiores e tamén máis lúcidas, nesta última visita a Doncos, servíronme para reflexionar sobre as diferenzas con respecto a esa tendencia inherente ao mundo social moderno que establece unhas categorías dicotómicas entre incluido-excluido, racional-irracional, humano-inhumano, normal-patolóxico. Contábame esta muller o habitual que era polos pobos a presenza de pobres pedindo, e como tamén era habitual axudarlles no que se podía, a negatividade formaba parte da comunidade, a morte ainda non estaba excluida da vida. Pero o pensamento moderno é incapaz de asumir a tensión e a negatividade inherente ao mundo social e os seus procesos. Por iso se crean fronteiras, establecese un dentro e un fóra. Non quero dicir con isto que antes non houbera persoas marxinadas, pero as diferenzas son significativas como para decatarnos de que ese cambio é consecuencia de algo que non está nas nosas mans nin na nosa vontade de “bonsamaritanismo”.

No noso tempo, o eixo fundamental que organiza a vida social atópase no capital, este é o valor que destaca sobre o resto. No tempo dos nosos avós o eixo fundamental (que xa levaba séculos decaendo, os cambios non se producen dun día para outro) era Deus. Con independenza das crenzas de cada quen, o propio das relixións na civilización humana foi a creación de cultura. A relixión básicamente é unha forma de cultura, outra forma de cultura é a do capital, cada unha terá os seus pros e os seus contras, pero dentro da relixión capitalista, convén identificar que a exclusión non é senón unha cara particular da inclusión, o capitalismo integra expulsando. Estas lóxicas que estructuran o noso mundo dende ámbitos axenos ao noso día a día, son as que influen directamente no tornado que termina por arrastrar e atrapar a vida entre as persoas nunha voráxine que afecta ao conxunto da vida en sociedade. O noso día a día vese directamente afectado por estas cuestións. Nas sociedades da Antigüedade foi unha prioridade atopar o sentido e a función do eterno dentro da sociedade, ou da comunidade, este eixo en torno ao cal xiraban e se estructuraban os núcleos de organización da vida cambiou na cosmovisión propiamente capitalista. Non debemos olvidar que son estes eixos os que xerarquizan, dan lóxica e sentido á organización social que cada cosmovisión establece.

Hai quen inxenuamente (ou non tanto) cre que o asunto das xerarquías e das castas é algo propio da Idade Media ou das culturas atrasadas, sen decatarse que o capitalismo tamén xerarquiza relacións sociais, establece unha orde, define determinacións, e conta, por tanto, cunha lóxica constitutiva, a valorización do capital. Desta valorización derivan directamente a explotación económica e tamén o fenómeno da exclusión, é un estar fóra precisamente por estar dentro, os tentáculos desta relixión son moi sutiles. Cando se pensa a exclusión como un elemento exterior, como un algo alleo, as solucións pasan por pensar en cómo incluir o que de seu xa está incluido. É a propia vida, e as persoas convertidas en obxectos, o que, ao seren excluidas, se inclúen na dinámica do capital, o procedemento deriva de asumir cousas e non relacións, de maneira que se poida considerar algo alleo todo aquilo que molesta pero que deriva directamente da esencia da orde social existente. Pero os sectores excluídos teñen un papel fundamental na lóxica dos incluídos, uns alimentanse dos outros, i esta lóxica non escapa tampouco ao ámbito rural, os mesmos procesos que se dan a nivel mundial entre primeiros e terceiros países danse na escala máis pequena da sociedade, o rural é excluído frente ao urbano, pero isto non lle impide ao rural buscar a toda costa outros posibles excluidos para seguir exercendo a lóxica do capital pola cal o esclavo termina por se converter en esclavista, e está sempre disposto a cazar a alguén máis inferior na escala para resarcirse. As paradoxas deste tipo de relacións están en que o excluído ou o inferior na escala é tal pola sua incapacidade de xenerar capital, independentemente da súa capacidade para xenerar coñecemento, así, os superiores e incluidos poden ser completos ignorantes, pero terán potestade para tratar ao outro como inferior. 

Seguro que daría para un estudo máis profundo, pero o certo é que, quizáis pola sua particular relación coa escasez, no rural acentúanse especialmente os comportamentos de loita e competencia, ainda que estes signifiquen enganar ou roubar, para obter capital, e que, a través da sua acumulación, incrementa a quen o posee a capacidade de xenerar ainda máis escasez. Esta voracidade que se converte nun círculo vicioso é particularmente maior no ámbito rural que no urbano. Compre tamén sinalar que éstas non son cuestións derivadas únicamente do psiquismo despiadado de políticos e psicópatas gobernantes, alleas ao noso día a día, son cuestións plenamente intrínsecas ao psiquismo individual de cada persoa, que se reproducen nas nosas relacións sociais, máis ou menos perversas, e que corresponde a cada individuo tomar consciencia delas. Olvidamos a miudo que o medio ambiente tamén está constituido por persoas, e entre explotar persoas ou explotar eucaliptos é preferible o segundo, ainda que resulte paradóxico, a explotación de eucaliptos ten máis que ver coa comprensión do mundo máis respectuosa coa natureza propia dos nosos avós, eles viviron plenamente dependentes da natureza, e entenderona como un medio de vida. Hoxe somos dependentes do capital e isa é a causa última dos problemas medioambientais e contaminantes do noso mundo, pois tamén vivimos como alleos os problemas resultantes de ter unha vida máis cómoda.

As tendencias esclavizantes houboas toda a vida, non imos dicir que seña esta unha tendencia exclusiva do capitalismo, pero a diferenza está en que a cultura propia da cosmovisión teocéntrica non necesitaba tanto da mentira como a cosmovisión capitalista, o esclavismo sostido na mentira é o peor de todos, pois non hai nada peor que un esclavo que vive pensando que é libre. Como ben identificou Freud, en verdade os cartos, non son outra cousa que un sustituto do amor, todos os esforzos por controlar o mundo a través do capital non son máis que un pésimo e falso intento de obter amor, un amor cosificado e por tanto perverso. O sistema psíquico inconsciente é todo él un sistema económico, por iso non se pode separar do sistema económico de relacións sociais de produción. A economía de cada suxeito, a tolerancia ás leis do diñeiro, a maneira na que manexa os cartos e a súa noción da importancia real dos cartos son efecto das estructuras complexas do inconsciente. O diñeiro é algo moi íntimo e moi psíquico no ser humano. Está tocado polo psiquismo inconsciente que sobredetermina a vida do suxeito.

Non é ter ou non ter cartos o que determina as nosas vidas. Senon que estamos sobredeterminados por unha carencia constitutiva e tolerala ou non tolerala, querer ou non querer saber diso, determina a nosa relación cos cartos. Porque ter ou non ter diñeiro vén ser un disfrace para tapar outra falta, a de algo que non ten ninguén pero que regula as relacións entre os suxeitos psíquicos e isto é o que en psicanálise se denomina “o falo”. Freud di: “o home civilizado actual observa nas cuestións de diñeiro a mesma conduta que nas cuestións sexuais, procedendo coa mesma doblez, o mesmo falso pudor e a mesma hipocresía”. Ás veces o diñeiro utilízase para conseguir o amor dos outros, ou como instrumento de poder para dominar á parella. Hai casos en que os fillos non son capaces de gañar máis diñeiro que os pais. Están cualificados, teñen formación académica, pero non poden. Sobre todo, cando gañar diñeiro supón cambiar de clase social ou de familia. Nese caso, o diñeiro tamén é un equivalente simbólico.

A equivalencia simbólica entre diñeiro e amor volve especialmente perversa a unha sociedade que é alérxica á falta, non é quen de tolerar a esencia constitutiva do ser humano como ser para a morte. O eixo central en torno ao que xira a nosa estructura social está baseado nunha mentira, é facil deducir que a gran maioría do que produce sexan mentiras.

Unha das últimas novas que está removendo os ánimos da xente no rural é precisamente a inxección de excluidos nun ámbito que xa é de por sí excluido, refírome á chegada de refuxiados a Becerreá como a outros núcleos rurais da comunidade. A Subdelegación do Goberno confirmou que 69 migrantes serán aloxados en Becerreá e 25 en Monforte de Lemos, 94 refuxiados que foxen de lugares en conflicto na África subsahariana. O debate social está aberto, pero de novo a hipocresía do noso sistema regodéase nunha estructura perversa que solo permite a visión morbosa pola cal so cabe pensar en termos de falsa solidaridade e coidado para aqueles que o propio sistema xa decidiu importar como excluidos, marxinados e dependentes. O primeiro que observamos coa chegada destas persoas é a xeneración de postos de traballo que beneficia aos lugares de acollida, non temos moi claro en que se traduce o beneficio que reciben os refuxiados por ser acollidos, ou si resulta máis ben un engano.


El buen samaritano en la posada - Gustave Doré.
“Despojaron al hombre de la inmortalidad; y, cubriéndolo de llagas (inclinándolo al pecado), lo dejaron medio muerto, porque por la parte que puede entender y conocer a Dios es hombre vivo; mas por la parte que sucumbe y es oprimido por el pecado es hombre muerto; y esto es lo que se añade: “Dejándole medio muerto”.” De quaest. Evang., lib. 2, q. 19. O 
(La caída de la humanidad y el Buen Samaritano, Según San Agustín)

O papel que fan as ONGs como mediadoras entre os países (ou sectores) excluidos e os incluidos ou centrais, é un papel directamente derivado da financiación e dos intereses centrais do capital. As grandes infraestructuras en canto a flotas marítimas coas que contan as grandes ONGs teñen detrás unha importante financiación que nos da conta da función esencial que cumplen no sistema, e que pouco ten que ver coas apariencias e o blanqueamento que os medios de comunicación nos trasladan. Si, por unha banda, o parlamento europeo pecha as suas fronteiras e o acceso á entrada pola vía humana e digna, pola outra ábreas de par en par, para permitir a entrada de vidas baleiradas de dignidade que van directas ao seu cupo de exclusión e inhumanidade necesaria para a sua supervivencia. Os cartos que financian as embarcacións coas que as ONGs representan convintemente o papel de salvadoras, saen directamente das grandes empresas de George Soros ou Bill e Melinda Gates, convertendo a estes últimos en filántropos, ao mesmo tempo que en esclavos ou delincuentes aos migrantes. Resulta xa unha evidencia que a poboación excedente da periferia é necesaria para as operacións das economías centrais. Recollemos as ideas que trata Jaime Osorio nun artigo sobre a exclusión na lóxica do capital, que nos ten parecido moi apropiado para entender a situación. Según este autor que á súa vez cita a Marx, o capitalismo sosténse sobre un encadenamento entre poboación activa e poboación inactiva, máis alá das formas que esta asuma, o tamaño da poboación excedente obreira é un plus para a valorización do capital, porque reforza a explotación redoblada da poboación activa, como tamén o fai a sustitución de seres humanos por máquinas.


Reducir as dimensións deste problema a un asunto de solidaridade ou non solidaridade cos refuxiados é manter unha perspectiva moi enganosa do problema. Ainda que non podamos definir de forma xenérica os obxectivos e as funcións das ONGs, pode que algunhas cumpran roles de denuncia política e axuda humanitaria lexítimas, pero moitas outras, pola contra, están ao servizo das corporacións económicas, outro grupo son brazos executores da política internacional dos Estados, e moitas responden a os intereses espurios das “fundacións filantrópicas”. En realidade, o primeiro tipo de ONG, as que cumpren o papel de denuncia social, serve de coartada á existencia das segundas, as que están ao servizo de fundacións e Estados.


Ser conscientes desta realidade non vai cambiar gran cousa, pero sí nos axuda a mirar con maior perspectiva o problema e fuxir de actitudes morbosas moi limitantes que por outra banda, xa levamos vivido dabondo durante a pandemia. A partir do enganoso canto á liberdade individual tense imposto un sistema cuia supervivencia depende de que exista escasez e exclusión, sin importar todas as mentiras que señan necesarias para sostelo.

Referencias