Tradición

A clave da tradición está en que se transmite a través do cariño, do amor, unha persoa interesada na espiritualidade escollerá unha determinada tradición por ter sentido na súa infancia algún tipo de dulzura asociada a esta, sempre me estrañou que entre tanta nova ola de espiritualidade moderna ninguén escolla o cristianismo, podería entender que tivese malas experiencias co cristianismo, eu mesma tamén reneguei del en moitas ocasións, pero con todo é a que está na raiz de todas as nosas familias. Doutra banda, só nos autores tradicionalistas atópase unha verdadeira comprensión esotérica, é dicir completa, pola cal non existe contradición nin competencia entre unha tradición e outra, e non é necesario negar unha para afirmar a outra, por iso resúltanme moi pouco cribles os intentos actuais de reivindicar a tradición galega deixando fora ao cristianismo. Ao tratar de negar unha tradición para afirmar outra, inevitablemente vólvese a caer na intransixencia. Usamos novas palabras para perpetuar o mesmo dogmatismo propio do cristianismo, quizais porque cambiamos o envase sen cambiar o contido. O sorprendente é que, a pesar de toda a corrupción inherente e inevitable do ser humano, as tradicións sacras logran conservar unha esencia incorruptible, intacta e tan fresca coma o primeiro día, algo que ningunha "nova falsa relixión" conseguirá por mais bendicións da modernidade que reciba.

Sorprendeume atopar non solamente unha foto da ermida de San Isidro, en San Simón da Costa, unha sola foto, pero... qué foto! Seguro que feita por alguen que tamén, coma min, a recorda con moito amor.