Tempo vivo

O segundo apelido da miña nai é Carballeira, ademáis é un bosque moi abundante na terra onde ela naceu, en San Simón da Costa.

Tamén hai carballos polas terras da comarca de Valdeorras, e castiñeiros, bidueiras, ameneiros, piñeiros, enciñas, salgueiros, cerdeiras, sobreiras, pexegueiros, vides, pereiras, figueiras, nogueiras, maciñeiras, eucaliptos, ameixeiras... Son tantos os nomes destas árbores integrados nas nosas vidas e formando parte de topónimos, nomes e apelidos cos que tratamos tan a miudo, que olvidamos ata que punto a visión do universo ofreceunos, noutra época, unha ferramenta de estructuración do pensamento e as relacións humanas. Esa observación do universo e a natureza estaba en relación cunha visión do tempo vivo, vinculado coa realidade da vida e da natureza, a choiva, as mareas, o tempo da sementa ou os ciclos menstruais. A capacidade de síntese mental ten unha estreita vinculación coas leis da natureza e os seus ciclos. As analoxías entre as dinámicas, atributos e cualidades do universo que nos rodea coas cualidades e os funcionamentos da psique humana comenzaron de maneira intuitiva xa dende o paleolítico e o home primitivo. Un tipo de coñecemento que hoxe desdéñase con demasiada facilidade. Os primeiros seres humanos viron a súa vida reflexada no universo que lles rodeaba, e hoxe, despois de moitos séculos de evolución, vemos as nosas vidas reflexadas noutras vidas humanas, o espello fíxose máis pequeno a medida que o coñecemento foi aumentando.
Na comarca de Valdeorras, ademáis de árbores, hai tamén moitas aves, ferreiriños comúns, pegas, merlos, corvos, pombos torcaces, rulas, paporrubios, cegoñas, miñatos comúns, aguias peixeiras (penso que as eran porque sobrevoaban o río en busca de presas acuáticas). Tamén atopei animais, sobre todo lagartos e lagartas, moitos gatos e cans, vacas, burros, cabalos, ovellas, esquíos, toupas, un corzo e incluso rastros do oso. Os minerais e as rochas son tamén un produto moi valioso por estas terras. Dende os romanos que viñeron buscar o ouro, ou os alemáns o wolframio, non deixan de explotar os recursos e dinamitar as montañas. A pizarra, xunto co cultivo da vide son as principais actividades económicas da zona. Tamén a xeneración hidroeléctrica, o transporte de mercancías, a carpintería, a hostelería, e unha pequena factoría auxiliar da industria do automóbil.


Si la historia inicial de la Luna -nacimiento, crecimiento, muerte- sirve para distinguir las etapas de un ciclo vital, su historia completa, para la que se necesitan dos "lunas" (la que desaparece y la que regresa), revela una realidad que parece ser más grande que el tiempo. La paradoja estriba en que, al morir, la Luna renace; al desaparecer, retorna eternamente, "una y otra vez". Por lo tanto, si con la consciencia del tiempo surgió el anhelo de eternidad, la Luna pareció ofrecer una respuesta a la necesidad que provocó en su origen. Pues, en cierto sentido, el tiempo y la eternidad nacieron juntos gracias a la Luna. "Que los dioses me concedan una vida renovada cada mes, como la de la Luna", se decía en Babilonia. Esta idea, el renacimiento de la vida tras la muerte, conduce a otra reflexión, ya que, en el mundo natural de los sentidos, la muerte es siempre el final de la vida, nunca su comienzo. Oswald Spengler se enfrenta a esta paradoja en La decadencia de Occidente:
Somos tiempo, pero además poseemos una imagen de la historia en la que la muerte, y con ella el nacimiento, aparecen como los dos mayores enigmas (...). El pensamiento superior se origina como una meditación sobre la muerte. Toda religión, toda investigación científica, toda filosofía proceden de ella (...). Y, por lo tanto, la esencia de todo simbolismo genuino -inconsciente e interiormente necesario- surge del conocimiento de la muerte.
Jules Cashford.