11 pegadas de distintas medidas e dúas cazoletas (ocos escavados na superficie das rochas) con 5 garras que lembran ás pegadas do oso. Atópanse nos lindes das Fádegas, entre o río Grande e o acantilado que cae vertical sobre a beira oposta, na parroquia de Cubelas, os primeiros petroglifos podomorfos (con forma de pé) atopados na Mariña. Durante o atardecer de San Xoan a sombra que proxecta o acantilado oculta paulatinamente as pegadas humanas, sen chegar a cubrir nunca as animais. O mar alcanza ao sol antes de que a sombra esconda as pegadas do animal.
A lenda conta que as pegadas son dunha fermosa moza que solo se deixa ver durante o solsticio de verán, a súa alma vive nas rochas o resto do ano, pero durante estes días trae consigo unha galiña que pon ovos de ouro de 18 kilates. A xente da Mariña evita esta ruta durante estes días, porque, a cambio do ouro, Encanto lévate con ela a vivir entre as rochas.