Dersu Uzala


Fai tempo que non vexo películas nin series, o adoctrinamento ideolóxico ao que nos teñen acostumbrados resulta xa non so molesto, senon que terriblemente aburrido. Pero se hai un director cuxas pelis nunca cansan nen aburren e nas cales podería quedar a vivir para sempre ese é Akira Kurosawa. O seu cine é puro amor, i esta peli un bo exemplo.

Por sorte, temos nos Ancares estas propostas de cinema no rural ás que nos invita a Asociación Ser na aldea de Vilela. Xa o dixen noutra ocasión e non me canso de repetilo, pero sentarse a compartir estas películas con persoas que valentemente se acercan ata aquí dende diferentes aldeas da contorna, e respirar xunto con eles esta beleza, fai que emerxa unha maxia particularmente especial.

Antes de nada, avisar de que vou destripar un pouco bastante a película, quen non a teña visto que vaia correndo a vela, e de paso todas as deste director.

Dersu Uzala é un cazador nómada habitante da taiga siberiana, xeografía de condicións duras, clima extremo e territorio salvaxe. Esta complexidade do territorio é tamén un símbolo da complexidade do territorio anímico, é un símbolo da alma; ainda que a simbiose tan marabillosa entre Dersu e o territorio fainos dudar acerca de si a taiga é a alma e Dersu o corpo, ou máis ben ao revés. Non é que Dersu humanice á natureza, Dersu humaniza a súa alma, e o resultado é o respecto pola natureza. Igual que Dersu nos ensina ao longo da metraxe, na antigüedade da nosa orixe occidental, tamen en grego a palabra animal se dicía "vivinte" (zoon). A economía das relacións entre o ser humano (tamén vivinte) e o divino era regulado, en Grecia, polo sacrificio animal. Este sacrificio que foi físico nas súas orixes debíase ter substituido polo sacrificio do que hai de animal en cada un. Este sacrificio é tamén o que nos permite a relación co máis elevado da condición humana: o divino.

O outro protagonista da película é o capitán Vladimir Arseniev, que xunto co seu destacamento teñen que facer unha serie de prospeccións xeolóxicas. O encontro entre ambos é tamén o encontro entre unha forma de vida tradicional e unha forma de vida moderna, e tamén a constatación de que ainda sexa esa forma de vida, para moitos atrasada, a que atesoura coñecementos tan valiosos e imprescindibles como para aprender a Vivir (máis que sobrevivir), física e espiritualmente neste mundo. Como ben constatou Einstein, a materia é espíritu reducido ao punto de visibilidade. O que chamamos materia é en realidade enerxía, cuxa vibración tense rebaixado tanto como para ser perceptible aos sentidos.

A partir deste encontro entre os dous iremos vendo un proceso de aprendizaxe e coñecemento acerca de cómo sobrevivir na taiga siberiana, ainda que cabería diferenciar, pois o que para o capitán é sobrevivir, para Dersu é vivir, pois quizáis a principal diferencia entre a cultura tradicional e a moderna teña que ver con ese troco que temos feito a cambio de comodidades, polo cal renunciamos a vivir para dedicarnos a sobrevivir. Todo non se pode.

Pero que a cultura tradicional conserve máis coñecementos sobre este tipo de sabiduría non implica que necesariamente sexan sempre empregados, ésta é unha tarefa individual, que concerne exclusivamente ao ser humano individual. Unha tarefa que o capitán ten tamén moi presente, o cal permítelle identificar a este, en apariencia insignificante cazador, como un verdadeiro maestro. Lao Tse, no século VI a.C. deixounos unha ensinanza elemental e tan simple que ainda hoxe é das cousas máis complexas e difíciles de realizar.

Qué es un hombre bueno?
Es el maestro de un hombre no-bueno.
Qué es un hombre no-bueno?
Es la materia de un hombre bueno.
Quien no aprecia a su maestro,
quien no ama su materia,
aunque cumpla sus funciones perderá el tiempo.

Esa es la clave del misterio.


Para min estes dous personaxes representan exactamente esta relación. Unha das principais tarefas do ser humano é identificar a quen ten a capacidade de facer de un mellor persoa. O capitán observa e absorve, aprende de alguen que foi quen de aceptar a condición de mortalidade coa que chegamos ao mundo. Dersu xa tiña pasado pola peor das mortes posibles, que era ter perdido a toda a súa familia pola viruela; nesa paradoxa pola cal a morte ensínanos sempre a aferrarnos máis firmemente á Vida. Dersu sabe que o destino e mandato divino último do ser humano é Vivir, non pode haber atallos, o camiño é dificil. Como exemplo o anciano chino que leva 40 anos sen falar e vivindo en soidade, Dersu é quen de comprender e respetar ese estado de ruptura interior polo que pasa o anciano, non soamente o respecta senon que lle axuda a sair del, sen esperar por ilo nada a cambio.

E da mesma maneira que soupo que si non apuraban a recoller herbas para construir un refuxio, morrerían conxelados polo vento e a neve, tamén soupo ver que a súa perda de visión sería un grave impedimento para continuar a súa vida na taiga. É así o motivo polo que acepta o ofrecemento do capitán de levalo con él a vivir na cidade, ainda que axiña se decata de que esa forma de vida para él non é Vida, a Dersu non lle asusta morrer, o que lle asusta é estar morto en vida.

Pero Dersu non é un deus, é humano, e como tal tamen experimenta a culpa, así sucede cando cre ter roto o equilibrio que simbolizan os sacrificios animais para a relación entre o humano e o divino. Dersu está en falta con esa condición máis elevada de sí mesmo, i eso faille estar malhumorado e uraño. Podemos intuir que será tamén o estado no que se atope o capitán trala morte de Dersu, pois o que se herda son sempre os pecados. A culpa é o froito de experimentar unha caída pola cal faltamos á Vida, ou ao mandato último do ser humano: o equilibrio entre o animal e o divino. O capitán ten un instinto moi animal de protección para con Dersu, un instinto no que todos nos podemos recoñecer, pero ese instinto animal é, sen embargo o que vai en contra da Vida, e provoca que finalmente Dersu seña asasinado. A tarefa de Vivir revélasenos verdadeiramente complexa.