San Xoan


Nestes días nos que se aproxima a celebración do San Xoan, saen na prensa unha recua de artigos dedicados a tratar de reivindicar unha especie de identidade propia e re-creada da cultura galega, en base a conceptos como sabedoría popular, rituais pagáns, tradicións celtas, celebración do Alban Heurin!! (seguro que os vosos avós e bisavós teñénvos falado moito sobre esta figura tan típicamente galega). Todos estes esforzos un tanto pueriis fan, ademáis, auténticos malabarismos para tratar de esquivar a evidencia máis clara que, en verdade cae polo seu propio peso, i é que a cultura tradicional galega (por máis que se renegue) foi plenamente cristiá. Neses intentos por contrarrestar a tendencia que os galegos tivemos de non sentir orgullo polas nosas raíces ou a nosa cultura, perecera sen embargo, que caemos de novo no autodesprezo do que pretendíamos fuxir, pois despreciando ao cristianismo, despreciamos tamén a cultura tradicional galega.

Mentres a cultura tradicional galega morría ou decrecía nas aldeas, así tamén crecía nos entornos urbanos (outro tipo de cultura, pero non tradicional) a construcción dun relato co que tratar de explicar ou racionalizar dous sentimentos contrapostos que tan fondamente habitan no corazón de todos os galegos, o amor polo noso, e a constatación de que para sobrevivir, foi necesario fuxir do noso, pois o noso era tamén a pobreza, a ignorancia e a miseria. Entre tanta revirabolta para dar sentido ao fundamento da nosa cultura hai quen chega a identificarse cunha suposta orixe xermánica, empregando incluso unha lingua románica coma o galego para falar do seu rexeitamento á cultura latina. Este sentimento de unión xermánica foi o resultado do furor desatado pola recente rememoración da existencia dun antigo Reino Medieval de Galicia creado polos suevos, ese pobo de bárbaros que chegaron despois dos romanos a Galicia; resulta curioso comprobar como incluso para os que se din republicanos, a palabra Reino parece que lles aviva o corazón e a alma, e non dicen mentira, porque o simbolismo do Rei é moito máis profundo do que algúns están dispostos a ver.

O caso é que así como hai galegos que se din xermánicos de pura cepa, tamén os hai que se din británicos, irlandeses ou galos, coa bandeira celta como símbolo dunha orixe moito máis pura, prístina, sen obscuridades nen obscenidades (esas sí son cristiás). O curioso é que, para reivindicar unha orixe máis acorde coa ideoloxía propia de cada quen, todos recurren á espiritualidade, pois no que sí parecen poñerse de acordo é que tanto a través de ritos pagáns, celtas, ou suevos, a esencia da cultura tradicional galega está íntimamente relacionada coa relixión (tanto o paganismo como o celtismo foron relixións), chámenlle espiritualidade, misticismo ou maxia, esa que na noite de San Xoan queda expresamente patente (ainda que hoxe en día o sentido último das festas do solsticio teñan xa moi pouco ou nada de espiritualidade). 

Hipérico, ou herba de San Xoan, segundo di a crenza fai fuxir o demo, e xa dende a Idade media pendurábase nos linteis das portas e nas xanelas para botar fóra ás meigas e malos espíritos.


Ademáis de remontarnos ás tradicións celtas para explicar as fogueiras de San Xoan, tamén poderíamos remontarnos aos gregos e as súas fogueiras purificadoras en honor a Apolo, deus do sol e da luz, ou aos romanos e a deusa Minerva co lume como protagonista da súa festividade, tamén a deusa Vesta dos romanos é a máis antiga personificación da Nai Terra e do lume que arde nas entrañas desta, como así Hefesto é unha personificación do lume dos volcáns (de aí o seu nome romano, Vulcano). No templo romano na honra de Vesta, denominado Aedes Vestae, ardía permanentemente o lume sacro, representación do lume que ardía no peito dos homes por acción de Vesta.​ Pero a orixe deste lume sacro no templo remóntase a moito antes, mesmo ata a prehistoria, cando existía un "lume comunitario", que era protexido por un grupo selecto da comunidade, no caso da mitoloxía grecorromana, as sacerdotisas ou virxes vestales. Este lume tiña a función de servir como substitución do lume do fogar cando este se apagaba, pois na Antigüedade (non tan lonxana) acender un lume era unha tarefa sumamente dificultosa. 

Pero postos a buscar, máis parecidos habería incluso coa tan afastada tradición hindú, pois o solsticio de verán representa, nesta cultura, a vía dos ancestros, algo que sí resultaría específicamente galego, pois na noite de San Xoan, como na de defuntos, en Galicia, abríanse as portas do Alén. A capacidade propia da mitoloxía galega foi a ruptura da dimensión entre o mundo dos vivos e o mundo dos mortos. Pero esta creación colectiva que tanto nos segue a fascinar, e que foi a mitoloxía específicamente galega, nen celta, nen pagá nen cristiá, non se contradice nin un ápice coa cultura cristiá na que viviu inmersa (ou polo menos, a inmersión máis próxima no tempo a nos), ambas se retroalimentaron sen confrontamento nen oposición. Resulta, por iso, moi significativo o esforzo tan grande que se fai para despegar unha da outra, como quen separa a carne dos callos dos garbanzos, ensalzando unha e desprezando a outra. Sen enmbargo, este desprezo polo cristianismo nunca se deu na cultura tradicional galega, por tanto quen queira coñecela un pouco mellor, veráse obrigado a falar tamen de cristianismo.

Por outra banda, convén diferenciar do que se fala, si é de coñecemento, ou é de política, porque se do que se trata é de poder, de adoctrinamento ou de control, (os que efectivamente exerceu a Iglesia católica) entón a ideoloxía será a ferramenta apropiada, con ela pódense rexeitar uns relatos e instaurar outros, perpetuando o confrontamento, a oposición e o conflicto que iniciou a Igrexa católica. Pero se do que falamos é de coñecemento, de tradición, de cosmovisión ou de cultura, entón non hai ningunha oposición nin confrontamento, pois a mitoloxía é, para todas as culturas tradicionais, a maneira natural en que os pobos encaran o mundo, e todos os símbolos conflúen, a partir de diferentes camiños, nun único centro. A grandeza universal do símbolo queda patente ao constatar que non existen diferenzas esenciais entre unhas culturas e outras, a pesar incluso de estaren afastadas no tempo e no espacio, ou que nunca teñan tido contacto entre elas. O símbolo é a linguaxe por excelencia na que todas as culturas se expresan, e todos os seres humanos conflúen.

Afondemos, pois, no simbolismo propiamente cristiano do San Xoan
, pois por máis que queiramos convertilo en Alban Heurin, temo que a realidade segue a decirnos que a festa do lume e da auga en Galicia chámase San Xoan. Afondar na profundidade simbólica dos textos sagrados da nosa tradición é tamén coñecer mellor a nosa cultura, pois neles está a base da civilización que hoxe habitamos.

Xa falamos noutra entrada do simbolismo propio dos dous San Xoan, que con tanta sabedoría nos transmite René Guénon, e hoxe recordámolo de novo.

San Xoan 
Bautista abre o Novo Testamento e San Xoan Evanxelista péchao. O 24 de xuño (solsticio de verán) conmemórase o nacemento de San Xoan Bautista, que segundo os evanxelistas naceu seis meses antes que Xesucristo, sendo o único santo do que se celebra o nacemento e non a morte. É o último dos profetas e o precursor do Novo Testamento, prepara o camiño para a chegada de Cristo e tamén o identifica cando chega. Un asceta que vive e predica no deserto, vai vestido con roupa de pelo de camelo e leva un cinto de coiro. Aliméntase de mel silvestre e lagostas.

O 27 de decembro (solsticio de inverno) a Igrexa conmemora a San Xoan Evanxelista, o máis místico e poético dos catro, Xoan utiliza unha linguaxe simbólica de gran altura teolóxica, por iso represéntase cun aguia, un animal considerado como ‘o ollo que todo o ve’ capaz de mirar ao sol directamente e de ascender por enriba das nubes, imaxe da luz espiritual, a profundidade e o lume. É considerado en moitas ocasións como 'o divino' ou 'o discípulo amado de Xesús’, o seu estilo literario está infestado de significacións relacionadas coa renovación espiritual. O patriarca ecuménico de Constantinopla, Atenágoras afirmou: «Xoan atópase na orixe da nosa máis elevada espiritualidade. Como el, os "silenciosos" coñecen ese misterioso intercambio de corazóns, invocan a presenza de Xoan e o seu corazón acéndese».

O soño de San Xoan evanxelista en Patmos. Maestro de Aiguatèbia. (MNAC)

A visión de San Xoan Evanxelista en Patmos. Antonio Vázquez. 


Según nos di René Guénon, no cristianismo, as festividades dos dous San Xoan están en relación directa coas dos solsticios, pois como en toda tradición o simbolismo dos ciclos do ceo e da terra son inseparables das verdades reveladas nos seus textos. Aquela fase que chega ao seu máximo non pode, senon decrecer, esta evidencia que por outra banda queda patente en calquer ciclo natural que observemos (incluidos os do ser humano), está sen embargo, confundida. Así nolo explica René Guénon.


Aunque el verano sea considerado generalmente como una estación alegre y el invierno como una triste, por el hecho de que el primero representa en cierto modo el triunfo de la luz y el segundo el de la oscuridad, los dos solsticios correspondientes tienen sin embargo, en realidad, un carácter exactamente opuesto al indicado; puede parecer que hay en ello una paradoja harto extraña, y empero es muy fácil comprender que sea así desde que se posee algún conocimiento sobre los datos tradicionales acerca del curso del ciclo anual. En efecto, lo que ha alcanzado su máximo no puede ya sino decrecer, y lo que ha llegado a su mínimo no puede, al contrario, sino comenzar a crecer a continuación; por eso el solsticio de verano señala el comienzo de la mitad descendente del año, y el solsticio de invierno, inversamente, el de su mitad ascendente; y esto explica también, desde el punto de vista de su significación cósmica, estas palabras de San Juan Bautista, cuyo nacimiento coincide con el solsticio estival: "Él (Cristo, nacido en el solsticio de invierno) conviene que crezca, y yo que disminuya".
Sabido es que, en la tradición hindú, la fase ascendente se pone en relación con el deva-yâna, y la fase descendente con el pitr-yâna; por consiguiente, en el Zodíaco, el signo de Cáncer, correspondiente al solsticio de verano, es la "puerta de los hombres", que da acceso al pitr-yâna, y el signo de Capricornio, correspondiente al solsticio de invierno, es la "puerta de los dioses", que da acceso al deva-yâna. En realidad, el período "alegre", es decir, benéfico y favorable, es la mitad ascendente del ciclo anual, y su período "triste", es decir, maléfico o desfavorable, es su mitad descendente; y el mismo carácter pertenece, naturalmente, a la puerta solsticial que abre cada uno de los dos períodos en que se encuentra dividido el año por el sentido mismo del curso solar.

Sabido es, por lo demás, que en el cristianismo las fiestas de los dos San Juan están en relación directa con los dos solsticios (3), y, cosa muy notable, aunque nunca la hayamos visto indicada en ninguna parte, lo que acabamos de recordar está expresado en cierta manera por el doble sentido del nombre mismo de "Juan" (4). En efecto, la palabra hebrea hanán tiene a la vez el sentido de "benevolencia" y "misericordia" y el de "alabanza" (es por lo menos curioso comprobar que, en nuestra misma lengua, palabras como "gracia (s)" tienen exactamente esa doble significación); por consiguiente, el nombre Yahanán [o, más bien, Yehohanán] puede significar "misericordia de Dios" y también "alabanza a Dios". Y es fácil advertir que el primero de estos dos sentidos parece convenir muy particularmente a San Juan Bautista, y el segundo a San Juan Evangelista; por lo demás, puede decirse que la misericordia es evidentemente "descendente" y la alabanza, "ascendente", lo que nos reconduce a su respectiva relación con las dos mitades del ciclo anual (5).

Por otra parte, según el simbolismo masónico, el trabajo iniciático se cumple “de mediodía a medianoche”, lo que no es menos exacto si se considera el trabajo como una marcha efectuada de la “puerta de los hombres” a la “puerta de los dioses”; la objeción que se podría estar tentado de hacer, en razón del carácter “descendente” de este período, se resuelve por una aplicación del “sentido inverso” de la analogía, como se verá más adelante. En el día, la mitad ascendente es de medianoche a mediodía, la mitad descendente de mediodía a medianoche: medianoche corresponde al invierno y al norte, mediodía al verano y al sur; la mañana corresponde a la primavera y al este (lado de la salida del sol), la tarde al otoño y al oeste (lado de la puesta del sol). Así, las fases del día, como las del mes, pero en escala aún más reducida, representan analógicamente las del año; ocurre lo mismo, de modo más general, para un ciclo cualquiera, que, cualquiera fuere su extensión, se divide siempre naturalmente según la misma ley cuaternaria.

Tal simbolismo se encuentra igualmente entre los los griegos. También entre los latinos, donde está esencialmente vinculado con el simbolismo de Jano. Jano, en el aspecto de que ahora se trata, es propiamente el ianitor [‘portero’] que abre y cierra las puertas (ianuae) del ciclo anual, con las llaves que son uno de sus principales atributos; y recordaremos a este respecto que la llave es un símbolo “axial”. En efecto, Jano [Ianus] ha dado su nombre al mes de enero (ianuarius), que es el primero, aquel por el cual se abre el año cuando comienza, normalmente, en el solsticio de invierno; además, cosa aún más neta, la fiesta de Jano, en Roma, era celebrada en los dos solsticios por los Collegia Fabrorum. Como las puertas solsticiales dan acceso a las dos mitades, ascendente y descendente, del ciclo zodiacal, que en ellas tienen sus puntos de partida respectivos, Jano, a quien hemos visto aparecer como el “Señor del triple tiempo” (designación que se aplica también a Çiva en la tradición hindú), es también, por lo dicho, el “Señor de las dos vías”, esas dos vías, de derecha y de izquierda, que los pitagóricos representaban con la letra Y, y que son, en el fondo, idénticas al deva-yána y al pitr-yâna respectivamente. Por lo demás, Jano presidía los Collegia Fabrorum, depositarios de las iniciaciones que, como en todas las civilizaciones tradicionales, estaban vinculadas con el ejercicio de las artesanías; y es muy notable que esto, lejos de desaparecer con la antigua civilización romana, se haya continuado sin interrupción en el propio cristianismo, y que de ello, por extraño que parezca a quienes ignoran ciertas “transmisiones”, pueden aún encontrarse vestigios en nuestros mismos días.

Extraído de Símbolos fundamentales de la ciencia sagrada (Buenos Aires, Eudeba, 1988), de René Guénon.

 

Queda patente que a celebración do San Xoan está intimamente relacionada cos cultos ao sol que se deron na orixe da nosa cultura, cultos que evolucionaron e perviviron en todas as culturas tradicionais a través dun simbolismo que dende o paganaismo ata o cristianismo, foron acadando uns niveis de altura simbólica e poética tan elevados coma os que representa San Xoan Evanxelista. Todas as lendas antigas dan a esta noite un significado que a asocian cos mitos de representación dun profundo sentido espiritual, simbolizado polos dous elementos máis elevados, tales coma o lume e a auga, ambos os dous están tamén representados por San Xoan Bautista (bautiza a Xesús con auga no río Xordán) e San Xoan Evanxelista (é o máis místico e elevado de todos, imaxe da luz espiritual, da profundidade e o lume-sol). 

Incluso ese conflicto entre o amor e o odio, a unión e a separación, que se desata entre todos aqueles que tratan de poñer algo de sentido ás nosas orixes, tamén ese conflicto vese reflexado no simbolismo propio do ciclo solar e as súas fases ascendentes e descendentes, alegres e tristes, de alabanza e de misericordia. Ambas as dúas fases, o ethos do vivir e o pathos da morte, estiveron en convivencia na nosa cultura, estas dúas fases son tamén as que se simbolizan entre o Vello e o Novo Testamento.


A flor da auga é a que se colle ao raiar o sol sobre a tona da auga das fontes ou do mar no amencer do día de San Xoán. De certas expresións que aparecen en ditos e coplas deducen algúns como se esta flor da auga fora traída por un paxaro no bico. Pode haber aquí un trabucamento coa crenza de que a pinga de auga e de orballo que na amañecida de san Xoán trae un paxaro no peteiro e deita nunha flor, ten as mesmas virtudes que a flor da auga. Representa o renacer cíclico anual, a volta ao comezo coma se o vello, o pasado, quedase borrado e tivésemos a oportunidade de volver a comezar.




Día de san Xoán, alegre,
meniña, vaite lavar,
pillarás auga do paxaro
antes do que o sol raiar.

Irás ao abrente do día
a auga fresca catar
da auga do paxariño
que saúde che ha de dar.

Corre, meniña,
vaite lavar
alá na fonte
te has de lavar,
e a fresca auga
desta amañecida
cor da cereixa
che ten que dar.

Se arraiar,
se arraiará
tódalas meigas levará,
se arraiou,
xa arraiou,
tódalas meigas levou.

Peladas era
peladas serán
tódalas meigas
que andan polo chan.

Peladas son,
peladas eran
tódalas meigas
que andan pola terra.