Xardín Cuberto

 





Este xoves, no fermoso xardín cerrado da Galería Solaina terei oportunidade de mostrar algunhas pezas, as cales veño traballando en paralelo ao estudio do simbolismo do 'hortus conclusus', e que para esta ocasión titulei "Xardín Cuberto". Precisamente, nunha desas belas casualidades, a temática do xardín será a que guíe este ano a programación do festival Cartografia en Movemento, de Lugo, que arranca cunha charla de Blanca Novoneyra sobre Bailarinas Antifascistas.

Inauguramos o festival o xoves ás 20:30, na galeria Solaina de Lugo!

Por suposto, tamén estaremos bailando, i este ano por partida triple! Aquí un fermoso vídeo que recolleu o espíritu da xornada da 'Alma' de Cartografía do ano pasado.