Río do esquecemento

Na mitoloxía grega, o mito de Orfeo cóntanos que Dionisos dixo a Orfeo que para atopar o reino de Hades, éste debería chegar ao oeste do río Océano, buscar alí unha pradería cuberta de asfódela, unha maleza de aspecto triste, logo seguir un carreiro bordeado de salgueiros e álamos estériles que o conduciría ata a brumosa lagoa Estigia, que estaba atravesada polo Aqueronte, río dos infortunios, o Cocitos, río dos queixumes, o Flegetón e o Periflegetón os ríos de lume, ata chegar ao Leteo, o río do esquecemento, onde as almas dos mortos bebían das súas augas para esquecer a súa existencia terreal. Os romanos, cando chegaron a Galicia, viron feita realidade a imaxe que esta mitoloxía trasladara ás súas mentes. O que hoxe coñecemos como río Limia, foi para eles o río Leteo ou o río do esquecemento. 

A través dun río, dunha árbore, dunha fonte, unha montaña, un cruce de camiños ou a través do noso corpo, o simbólico capta o indecible ou inexpresable, recoñécese porque cando entramos en contacto co simbólico, entón conseguimos rescatar un anaquiño desa memoria perdida no río Leteo, e lembramos por un intre o camiño que nos trouxo ata aquí.

Strabón di: Despois destes o Lethes, ao cal uns chaman Limeo e outros Belión ( Lib. III, Cáp. 3); e Plinio chámalle Limæ, engadindo con Pomponio Mela, que era coñecido tamén co sobrenome de Flumen Oblivionis, río do esquecemento. Platón conta na República (Libro X) que os mortos chegan á «chaira de Lete», que é cruzada polo río Ameles (‘descoidado’). No Canto VI da Eneida, Eneas divisa nas amenas beiras do Leteo unha multitude de almas parecidas, di Virgilio, a abellas libando as flores das praderías e revoloteando cos seus zumbidos á luz serena do verán. Na Divina Comedia, a corrente do Leteo flúe ao centro da terra dende a súa superficie, pero o seu nacemento está situado no Paraíso Terrenal localizado na cima da montaña do Purgatorio, no caso do río Limia é o monte Talariño. 

Algunhas relixións mistéricas privadas ensinaban igualmente a existencia doutro río, o Mnemósine, cuxas augas ao ser bebidas, facían lembrar todo e alcanzar a omnisciencia. Aos iniciados ensinábase que se lles daría a elixir de que río beber.

Lete ou Leteo, cuxo nome significa «esquecemento» era unha divindade nada do *Éride (A Discordia), concibida como unha abstracción, e irmá de Hipno (o Soño) e Tánato (a Morte).












“Pues si las almas transportaran con ellas hasta el cuerpo el recuerdo de las cosas divinas, de las cuales tenían conocimiento en el cielo, no habría ningún desacuerdo entre los hombres a propósito de la divinidad; pero lo cierto es que todas, al descender, beben el olvido, si bien, unas más, otras menos. En consecuencia, aunque en la tierra la verdad no es evidente para todo el mundo, todo el mundo, sin embargo, tiene una opinión, porque la falta de memoria es el origen de la opinión. Ahora bien, quienes bebieron menos del olvido, descubren mejor la verdad, porque recuerdan fácilmente lo que previamente conocieron allá arriba. He aquí por qué lo que en latín se llama “lectura”, en griego se llama “conocimiento recuperado”, porque cuando estamos aprendiendo la verdad, reconocemos aquellas cosas que naturalmente sabíamos antes de que la afluencia de materia embriagara a las almas cuando llegan a sus cuerpos.”

Cicerón, "Comentario al sueño de Escipión"