domingo, 9 de diciembre de 2018

Penas



Pedra de gran tamaño que sobresae na terra ou no mar de forma natural.
Tristeza ou aflición profunda.
Castigo imposto por unha autoridade lexítima á persoa que cometeu algún delito.
Dor física ou corporal.
Dificultade para facer unha cousa.
Vergoña, timidez.


3 comentarios:

Anónimo dijo...

tamén:

Pluma.

martacuba dijo...

Interesante. Penas que se afunden na terra, e penas que levantan o voo.

Anónimo dijo...

Si.

Como se esa última acepción viñera impugnar e disolver as anteriores, como a fórmula final dun conxuro de inversión que trocase pesadume en levedade, carga en lixeireza, castigo en caricia.