archivo del blog

domingo, 22 de abril de 2018

Abril

Sobre a terra, firme e escurridiza. 
Desa, que leva os pés en alto e as mans en baixo, en silencio, para arrincarche de raíz sen cortes nin rachos, profundamente de aire, profundamente de auga. Como ese río que ás veces é mar, como esa rocha que esconde os ocos no chan. Un oco polo que sae a luz, un corpo deslízase, e a terra córtase. A temperatura, a man da cociñeira... se pasamos moito tempo batendo, quéntase a salsa e córtase. Excesos de aire ou excesos de terra. Non hai nubes nin emulsións para me soster.